No verán de 2018, dotouse á Ruta da auga de Parada PR-G 124 dun plan de recuperación de parte do camiño e posta en valor do patrimonio cultural da parroquia.

A actuación interdisciplinar enmarcouse dentro dunha política cultural e turística de promoción para a cidadanía dos valores sociais e ecolóxicos asociados ao patrimonio cultural.

 

Sinalización de los recursos turísticos da Ruta da Auga de Parada PR-G 124

  • Instaláronse, na estrada Po-534, 2 sinais en frecha direccionais que indican a Ruta da Auga de Parada. As dimensións son: 1450x300mm

  • 4 frechas direccionais de madeira dentro da mesma ruta.

 

  • Substituíuse o vinilo do Panel de Inicio da Ruta que databa de 2008, por outro con novos elementos culturais e código QR.

  •  

  • Creáronse 4 paneis interpretativos (Lavadoiro do Barro, Lavadoiro de Parada, Alvariza do Carril do Souto e o Patrimonio de Parada) feitos en materiais resistentes a posibles actos vandálicos, ás inclemencias meteorolóxicas e que harmonizan co entorno rural típico da comarca do Deza.

 

Guía virtual para a Ruta da Auga de Parada PR-G 124

Un dos aspectos máis importantes e a integración de xeito innovador do patrimonio cultural de Parada dentro da recoñecida Ruta da Auga. Para isto, creouse unha aplicación para teléfonos móbiles que sirva de guía activa GPS, e de centro de información sobre o patrimonio, aportando unha ampla información etnográfica asociada ás fontes, lavadoiros, alvarizas, petróglifo, abrigos paleolíticos ....
A aplicación poderase obter de xeito sinxelo mediante a lectura de códigos QR presentes en toda a nova sinaléctica.

 

Acondicionamento da Ruta

  • Limpouse e rozouse do camiño –zona do Regueiro- de xeito manual (200 m)
  • Instaláronse banzos de perpiaño así como pedra en base do camiño.
  • Consolidouse un muro totalmente vencido nun tramo aproximado de 16 m.
  • Instaláronse varandas de protección entre dous puntos do camiño situados a distinto nivel (17 m).

  • Creáronse 2 pasos por riba do regueiro.
  • Amañouse e rexuntáronse a saída de auga dos Lavadoiro de Barro e de Parada así como a comporta da Casanova

 

 

Trípticos

  • Elaboráronse 1000