O 26 de setembro de 2010, os vecinos/as da parroquia e a xente que traballou no proxecto, celebraron a festa de inauguración da Ruta da Auga. Ese día en cada fonte e lavadoiro do roteiro, lucía unha taboíña con un poema do libro "Os eidos" de Uxío Novoneyra, que ademais fora ese ano o premiado das Letras Galegas.
A partir de aí, xurdíu esta actividade de "Poemas na Ruta da Auga", e todos os anos seguintes, ao amañecer do 17 de maio e ata rematar o mes, nas fontes e lavadoiros permanecen expostos poemas e textos en galego, achegados polos propios autores/as ou por outros particulares.
E costume colocar na fonte de Redemuiños algún texto da persoa premiada nas Letras Galegas ese ano, na fonte do Piollo un contiño infantil.
Ao longo de estes anos expuxéronse textos moi variados: poemas, relatos, novela, banda deseñada, testamentos, filosofía, cantigas, verba dos arxinas...
A viagem de Pancho Lapeña Descansam acima dos prados, A gente pensa que os sacos de plástico Agora Pancho Lapeña está sentado
Muitos dos sacos que caem no mar Os sacos son grandes predadores. Durante a sua viagem, o saco azul De feito, por causa do estudo de Pancho Lapeña Há milhons de sacos azuis a voarem no vento.
“Animais” |