Entre os días 4 e 14 de novembro, a empresa A Citania Arqueoloxía realizou 2 sondaxes arqueolóxicas manuais previas á construción de un muro na contorna do Castro de Arealonga/Castro de Alobre GA36060013. Os resultados foron de gran interese.
Na S1 e na S2, Citania arqueoloxía escavou tres unidades idénticas. En primeiro lugar, un nivel natural (capa vexetal). A continuación, un potente recheo de nivelación e por último un nivel de selado de uns 20 cm (UE103), sobre foxas simples que cortan o substrato. Este depósito antrópico caracterízase por contar cunha matriz homoxénea, textura areosa de cor amarelenta e compatación baixa. Tamén foron recollidos 4 fragmentos cerámicos de cronoloxía romana (S. II –IV dC).
Na sondaxe 1, documentamos 2 foxas. Un horizonte A onde obtivemos 2 fragmentos de cerámica común castrexa S.III-II aC. A devandita foxa foi escavada e os resultados foron negativos. A nº 2 non foi escavada.
Na sondaxe 2 localizamos as foxas nº 3 e nº 4, apoiadas directamente sobre o substrato e non foron escavadas.
Grazas a esta intervención, podemos asegurar que a Necrópole de Arealonga (GA36060014) ten unhas dimensión moito máis grandes das recollidas na ficha de Inventario da Xunta de Galicia e na ficha do propio PXOM de Vilagarcía de Arousa.