O convento de San Domingos foi construído no século XIV seguindo a tradición construtiva medieval, os traballos de consolidación e restauración realizados pola empresa A Citania Arqueoloxía nas ruínas de San Domingos estiveron encamiñados a mellorar as condicións xerais dos restos do convento nos seguintes aspectos:
Visibilidade do soporte, por medio dunha limpeza que en xeral debía presentarse equilibrada, sen que esta chegara a acadar unha intensidade que puidera resultar agresiva con elementos coma restos de pinturas ou rebocos, relevos, molduras e mesmo cos diversos morteros presentes nas xuntas dos paramentos.
Mellora da estabilidade xeral da fábrica mediante o selado da estrutura que sen dúbida axuda de certo xeito a reforzar os paramentos.