Ruta da Auga de Parada PR-G 124

A ruta discorre a través de distintas fontes e lavadoiros que foron restaurados no ano 2008. Parte do lugar de Buxos e discorre de forma circular percorrendo fontes e lavadoiros, coa auga como elemento protagonista. Natureza, etnografía, tradición e paisaxe fúndense no percorrido polos sendeiros de Parada.

Ler máis

Antropoloxía

Fontes como a do Rego do Foxo, a dos Buxos, a de Fraiz, a do Piollo, a do Outeiro ou a de Redemuíños e lavadoiros como o de Barro, o de Parada, o do Outeiro ou o do Soutonogueira son testemuños do legado do patrimonio etnográfico e do patrimonio inmaterial dunha aldea, dunha cultura e dun pobo.

Ler máis

Poemas na Ruta da Auga

O 26 de setembro de 2010, os veciños da parroquia e a xente que traballou no proxecto, celebraron a festa de inauguración da Ruta da Auga. Ese día en cada fonte e lavadoiro do roteiro, lucía unha taboíña con un poema do libro "Os eidos" de Uxío Novoneyra, que ademais fora ese ano o premiado das Letras Galegas."

Ler máis

Non deixes de ver:

Mapa do Patrimonio de Parada

Parada é terra de auga: pontes, muíños, presas, tostas, fontes, e tamén camiños históricos, alvarizas, petróglifos, abrigos paleolíticos, ...

Ampliar mapa

Alvariza do Carril do Souto

A alvariza sitúase nas abas do Monte das Serras, nun terreo de acceso pouco doado, orientada ao mediodía e protexida do norte.

Ler máis

Casa de Xan de Ghabián

Na superficie do sedimento foi atopado un pequeno anaco de cerámica lisa, de cor escura , que ten polo envés pegadas de ser modelado a torno. É un elemento significativo da posible ocupación do abrigo nunha etapa histórica.

Ler máis

Pena das Ferraduras

Contan que os homes antes de casarse viñan á Pena das Ferraduras e facían unha talla para que lle fora ben no matrimonio, e que a uns 100 metros dos petróglifos pasa un camiño chamado dos arrieiros, polo que traían viño procedente do Ribeiro e levaban carbón da Terra de Montes.

Ler máis

A Ruta da Auga de Parada ao longo dos anos

Os alicerces da Ruta da Auga (2008)

Na imaxe podemos ver o lavadoiro do Barro antes da súa renovación no ano 2008

Ler máis

Ano 2018

Renovación da sinalización. Mellora dos camiños, reparación de pontellas.

Ler máis