Prospección arqueolóxica realizada para a súa delimitación exacta
O traballo de prospección arqueolóxica realizado para a delimitación exacta do Camiño Portugués consistiu basicamente localización e caracterización dos xacementos arqueolóxicos que aparecen ao longo da súa traza, considerados como partes integrantes do mesmo.
O Camiño Portugués amosou en moitos puntos ser unha vía de comunicación dabondo antiga, como xa se supoñía ao principio do traballo, dadas as propias características da Depresión Meridiana, como corredor natural.
En numerosas ocasións comprobouse cómo o camiño comparte traza con monumentos megalíticos, como acontece ao seu paso por o Chan das Pipas (Redondela) ou en Laraño, nas proximidades de Santiago. Estes adoitaban a emprazarse na penichairas, a carón dos principais eixos de comunicación que facían permeable a montuosa orografía galega nunha datas nas que os vales eran demasiado agrestes para o home.