A intervención arqueolóxica realizada pola empresa A Citania Arqueoloxía ven dar cumprimento á resolución emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en maio de 2002, a raíz dos restos atopados durante a escavación de sondaxes.
Nesa resolución autorizábase a construción do aparcamento condicionada a unha intervención arqueolóxica en área nas zonas onde se localizaran os achados e a un control arqueolóxico no resto do ámbito da obra.
En liñas xerais a escavación arqueolóxica deparou a aparición do foso da muralla medieval da cidade, así como restos do cemiterio nos arredores do Convento de Santo Domingo.
A intervención desenvolveuse entre os días 15 de abril e 30 de agosto de 2008.