Sondaxes Arqueolóxicas Manuais para a rehabilitación de edificación na rúa García Flórez nº14 e Laranxo 19 no Conxunto Histórico de Pontevedra

Entre os días 28 e 29 de decembro de 2016, tivo lugar a intervención arqueolóxica titulada escavación de Sondaxes Arqueolóxicas Manuais para a rehabilitación de edificación na rúa García Flórez nº14 e Laranxo 19 no Conxunto Histórico de Pontevedra (ED 102A 2016/031-0).

A necesidade da devandita intervención que motivou os traballos, viu dada porque o ámbito de actuación das obras está cautelado arqueoloxicamente no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, debido á protección do Conxunto Histórico da cidade.

Esta normativa determina a necesidade de que as obras do Casco Histórico sexan autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

.
.

Os obxectivos da intervención foron:

1)  A valoración do subsolo do solar dende o punto de vista arqueolóxico, comprobando a posible existencia de vestixios arqueolóxicos, e avaliando (no seu caso) a súa entidade.

2)  Contrastar a posible presenza de vestixios arqueolóxicos de calquera momento histórico.

3)  Aínda no suposto de non rexistrar ningún indicio arqueolóxico, foi tamén obxectivo da intervención documentar a estratigrafía do subsolo, de xeito que esta información poida ser utilizada no futuro na toma de decisións de carácter patrimonial, a fin de perfilar eventuais intervencións a desenvolver nas inmediacións do edificio do nº 14 da rúa García Flórez.

A única Unidade Estratigráfica a destacar foi un pavimento pétreo na horta da casa que se apoiaba sobre un vertedoiro cheo de ósos, cunchas, botellas e plásticos. En ámbolas 2 sondaxes de 2 x 2 m acadouse o substrato.


 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.