Visitas guiadas teatralizadas “MEU PONTEVEDRA, CASTELAO EN SALCEDO”

Durante o mes de novembro de 2016 A CITANIA organizou as visitas guiadas “Castelao en Salcedo”, un percorrido pola prehistoria e antropoloxía da parroquia pontevedresa de Salcedo.

.

Organizadas pola Asociación Veciñal Salcedo Norte e subvencionadas pola Deputación de Pontevedra, para conmemorar o “Ano Castelao”; os traballos consistiron na realización de diferentes visitas guiadas teatralizadas, tendo como protagonista ao insigne político e persoeiro pontevedrés (de adopción) Castelao, moi vinculado coa parroquia de Salcedo, lembrada por el nos seus escritos dende o exilio “Meu Pontevedra”.

.
.

A Citania encargouse do deseño e preparación dos roteiros, así como de organizar a publicidade nas redes sociais e a cartelería. Así como de buscar e coordinarse co grupo de teatro Escuadra17 que levaron a cabo a teatralización.

  • DESEÑO E PREPARACIÓN DOS ROTEIROS
  • EXECUCIÓN DOS ROTEIROS
  • PUBLICIDADE DA ACTIVIDADE, DESEÑO, DIFUSIÓN EN REDES SOCIAIS
  • CONCURSOS ESCOLARES

Para as visitas contouse co inestimable traballo do antropólogo pontevedrés Rafa Quintía.

.
.

 

.
.

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.