Consolidación de urxencia da “Ponte Vella Das Cascas” no Camiño Inglés de peregrinación, Betanzos (A Coruña)

A consecuencia dun accidente de tráfico que danou considerablemente a Ponte das Cascas, no Camiño Inglés de Peregrinación a Compostela, durante o mes de agosto de 2017, A Citania acometeu uns traballos de restauración de urxencia para levar a Ponte ao seu estado orixinal anterior ao accidente.

.

A coñecida como Ponte Vella das Cascas é unha pequena ponte medieval situada sobre o Camiño Inglés para vadear o río Mendo na saída do casco urbano de Betanzos. É unha ponte dun só arco, construída toda ela en pedra de fábrica de perpiaños. Ten uns catro metros de ancho e unha lonxitude de 18 m. Conserva dous cubos de planta semicircular no seu lado oeste a favor da corrente, estes dous cubos na súa parte superior, no peitoril, trocan cara planta de corte hexagonal, formando apartadoiros con asentos de pedra corridos.

A documentación máis antiga recuperada data do séc. XII, onde se fai referencia xa como Ponte das Cascas e queda vinculada como paso para achegarse ata o Convento das “Dueñas”, coñecido popularmente como “Convento das Cascas”; no documento a infanta dona Urraca Enríquez de Portugal cédeo ao mosteiro de Sobrado, o 6 de setembro de 1145.

.
.

 

No ano 1809 foi voada polos los ingleses ao mando do xeneral John Moore, na súa retirada cara A Coruña, perseguido polo exercito francés do mariscal Soult; a consecuencia desto a súa fábrica foi substituída por vigas e táboas de carballo, e non se volvería reconstruír ata o ano 1845, dándolle o seu aspecto actual.

En maio de 2016 un “dumper” de obra chocou contra o peitoril oeste da Ponte provocando o desprazamento de varias pezas de fábrica e a rotura puntual dunha destas pezas. Tralo accidente un tramo do peitoril de 5 metros quedou desprazado cara ao exterior, dende o cubo de corte hexagonal situado máis ao norte, sumando un total de 10 pedras. O esquinal inferior dunha das pezas do peitoril fracturouse, sendo imposible recuperar a peza orixinal desprendida.

Os traballos mencionados consistiron na redacción e execución dun proxecto de restauración dirixido pola restauradora Begoña Albertos, habitual colaboradora de A Citania.

 

.
.

 

.

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.