Escavacion arqueolóxica en área no ámbito do aparcamento subterráneo da Praza de España da cidade de Pontevedra

 


A intervención arqueolóxica realizada ven dar cumprimento á resolución emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en maio de 2002, a raíz dos restos atopados durante a escavación de sondaxes.

Nesa resolución autorizábase a construción do aparcamento condicionada a unha intervención arqueolóxica en área nas zonas onde se localizaran os achados e a un control arqueolóxico no resto do ámbito da obra.

En liñas xerais a escavación deparou a aparición do foso da muralla medieval da cidade, así como restos do cemiterio nos arredores do Convento de Santo Domingo.

 

.
.

 

A intervención desenvolveuse entre os días 15 de abril e 30 de agosto de 2008.

Tiráronse os niveis de recheo contemporáneos con pala escavadora e se delimitaron as áreas de escavación planeadas no proxecto:

1. Area 1 , representada polo espacio ocupado pola liña de foxo situada diante do concello e nas cuadras seguintes, unha franxa de entorno a 15 metros de ancha dende a rúa Michelena ata a rúa Arcebispo Malvar.

2. Area 2, ámbito afectado no contorno de Santo Domingo.

Area 1: Delimitouse o espazo definido no proxecto, pero non se puideron escavar os seus extremos leste e oeste: no lado leste o espazo da escavación estaba ocupado polas estadas dunha obra de rehabilitación nun edificio de praza, quedaron sen escavar 51 m². No lado oeste por problemas de habilitación de tráfico na praza, xa que estaba pechada por obras a rúa Arcebispo Malvar, quedaron sen escavar 13 m².

Ademais, a maiores do espacio establecido no proxecto escavouse unha ampliación no lado sur da area, en forma rectangular, de 54 m². Esta ampliación foi necesaria pola aparición dos restos dun camiño empedrado que era necesario caracterizar nun espazo maior que o preconcibido.

A área completa escavada foi de 680 m².

Area 2: Na área 2, o espazo definido no proxecto tivo que ser ampliado pola aparición de tumbas por fora da zona cautelada na resolución e afectadas polas obras de desterre do aparcadoiro. Un total de 64 m² a maiores situados no extremo oeste da area definida no proxecto.

O espazo total escavaco na Area 2 abrangue unha superficie total de 191 m².

 

.
.
   
.
.
   
.
.

 

.

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.