Intervención arqueolóxica integral de escavación, consolidación e restauración no Castelo de A Rocha Forte

 

Levouse a cabo unha actuación integral sobre o xacemento coa escavación en área de todo o interior do recinto, salvo da zona marcada como reserva arqueolóxica, realizándose tamén a escavación do sector exterior oeste do castelo para , deste xeito, poder definir a planta da segunda liña de murallas nesta zona da fortaleza.

.
.

 

.
.

 

.
.

 

 

 

Os traballos de consolidación e restauración resultaron fundamentais á hora de recuperar e integrar todos os restos visibles do xacemento, tanto os localizados durante a nosa actuación como os existentes en anteriores intervencións.

Con esta fase de traballos compleméntanse as anteriores intervencións arqueolóxicas realizadas durante a pasada década na Rocha Forte, as actuación comezaron no ano 2002 cunha curta intervención arqueolóxica pero que permitiu un primeiro estudo histórico sobre a fortaleza, e continuaron con diferente intensidade ata o ano 2009.

 

 

Durante ese tempo no xacemento traballaron diferentes equipos e investigadores, a primeira intervención, do ano 2002, estivo promovida polo Concello e a Universidade de Santiago de Compostela, e foi coordinada por Ermelindo Portela, Catedrático de Historia Medieval da USC, e estivo dirixida pola profesora do departamento de Historia I Raquel Casal García e o catedrático, do mesmo departamento, Fernando Acuña Castroviejo. Entre os anos 2003 e 2005 os traballos estiveron promovidos polo Concello de Santiago de Compostela, e foron dirixidos por este mesmo equipo de arqueólogos.

 

Estas intervención estaban realizadas dende a Universidade e executadas por equipo de traballo maioritariamente formado por estudantes e cunha evidente liña formativa. O último ano no que este equipo interveu na fortaleza foi o ano 2006, e a actuación estivo promovida polo consorcio da Cidade.

No ano 2009 prodúcese un forte cambio na liña de actuación e pasan a facerse cargo dos traballos no Castelo un equipo profesional dirixido polos arqueólogo Luís Francisco López e orestaurador Miguel Ángel López, da empresa de arqueoloxía Terra Arqueos, esta intervención estivo orientada basicamente cara á restauración e a consolidación do xacemento.

Todas as intervencións arqueolóxicas efectuadas evidencian o alto potencial patrimonial da fortaleza que vai máis aló da súa condición de Ben de Interese Patrimonial. Mostrándonos o castelo non so como unha parte fundamental do noso patrimonio histórico senón como unha vía de comprensión da historia, entendida non como un momento no tempo, senón como a evolución dun elemento desde as súas orixes ata os nosos días.

 

.

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.