Sondaxes arqueolóxicas valorativas e escavación en área/decapaxe para a construción dunha explotación cunícola en Castro de Cabras, Lalín

Os traballos consistiron na apertura de cinco sondaxes arqueolóxicas manuais de 2m x 2m ata esgotar a estratigrafía, un control arqueolóxico de 408 m de longo por unha fondura media de 1m para unha instalación eléctrica e unha posterior escavación en área/decapaxe de 2200 m² realizada con pá escavadora con cazo de culler 2136 m².

 

A área de escavación situouse a 75 metros da mámoa da Rocha GA 36024049.

As sondaxes e o control non aportaron ningún dato arqueolóxico salientable.

Durante a decapaxe localizáronse marcas circulares de queimados no substrato. Definíronse, limpáronse e documentáronse e comprobouse que se correspondían aos restos das Borreas.

As borreas deixáronse de facer nos montes de Lalín fai aproximadamente medio século e consistían en amoreamentos de terróns e toxo para logo prenderlles lume e coas cinzas resultantes aboalo terreo para logo, plantar centeo.

Localizáronse un total de catro estruturas deste tipo.

A borrea de maior tamaño (E1) foi escavada en parte, baixo indicación dos técnicos da Xunta de Galicia, e recolléronse mostras orgánicas para un futuro estudo antracolóxico.

 


 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.