Prospección arqueolóxica realizada para a delimitación exacta do Camiño Portugués

O traballo de prospección arqueolóxica realizado para a delimitación exacta do Camiño Portugués consistiu basicamente localización e caracterización dos xacementos arqueolóxicos que aparecen ao longo da súa traza, considerados como partes integrantes do mesmo.

.


O Camiño Portugués amosou en moitos puntos ser unha vía de comunicación dabondo antiga, como xa se supoñía ao principio do traballo, dadas as propias características da Depresión Meridiana, como corredor natural.

En numerosas ocasións comprobouse cómo o camiño comparte traza con monumentos megalíticos, como acontece ao seu paso por o Chan das Pipas (Redondela) ou en Laraño, nas proximidades de Santiago. Estes adoitaban a emprazarse na penichairas, a carón dos principais eixos de comunicación que facían permeable a montuosa orografía galega nunha datas nas que os vales eran demasiado agrestes para o home.

 

.
.

 

.
.

 

 

Noutros puntos son os vestixios das calzadas romanas os que comparten o protagonismo coa vella rota de peregrinaxe, como acontece nunha ampla zona entre Redondela e Pontevedra, que é unha das de maior densidade de toda a antiga Romania en canto a achados de monumentos miliarios .

Finalmente temos elementos arqueolóxicos ou doutro interese patrimonial de carácter medieval que seguen atestiguando a contemporaneidade desas vellas trazadas, así coma o importante que era establecer lugares de control visual sobre as mesmas. Estes serán os que aparecerán no táboa final.

 

.
.

 

.
.

 

A prospección arqueolóxica partiu dun total de 491 elementos patrimoniais que preseleccionamos para a súa identificación en campo, dos que simplemente 53 teñen ao noso xuízo unha relación estreita coa rota de peregrinaxe portuguesa a Compostela.

Entre eles atopamos unha gran variedade tipolóxica, dende cruceiros e capelas a castelos rochosos, pasando por pontes medievais ou antigos trazados viarios romanos.

A continuación queremos facer unha escolma final con eles:

CONCELLO

PARROQUIA

BEN

Tui

O Sagrario

Igrexa e Convento Sto. Domingo

Tui

O Sagrario

Fonte abrevadoiro e lavadoiro Sto. Domingo

Tui

Rebordáns

Igrexa de San Bartolomeu

Tui

Rebordáns

Ponte do Louro

Tui

Rebordáns

Capela Virxe do Camiño

Tui

Ribadelouro

Ponte das Febres

Tui

Ribadelouro

Ponte de Orbenlle

Tui

Ribadelouro

Calvario da Magdalena

O Porriño

S. Estevo de Budiño

Calzada romana “Ponte das Amíndoas”

O Porriño

S. Estevo de Budiño

Monte Faro

O Porriño

Atios

Capela Virxe da Guía

O Porriño

Cans

Monte Castelo

Mos

Sta. Eulalia

O Castelo

Mos

Guizán

Miliario de Santiaguiño

Redondela

Cesantes

Restos de calzada romana

Pontevedra

Pontesampaio

Ponte de Pontesampaio

Pontevedra

Pontesampaio

Ponte do Pozo Negro

Pontevedra

Pontesampaio

Ponte Nova

Pontevedra

Pontesampaio

Petroglifo do Pozo Negro

Pontevedra

Canicouva

Castro de Sixto

Pontevedra

Lérez

Igrexa Santiago Peregrino

Pontevedra

Lérez

Camino de Pedra Picada

Pontevedra

Alba

Cruces en Pontecabras

Pontevedra

Alba

Igrexa parroquial de Alba

Barro

Agudelo

Cruceiro de Valbón

Barro

Portela  

Capela de S. Amaro          

Barro

Portela  

Cruceiro da Portela           

Caldas de Reis

Carracedo

Cruceiro da igrexa

Caldas de Reis

Sta. María de Caldas

Igrexa parroquial               

Caldas de Reis

Carracedo

Capeliña e cruz dos camiñantes

Caldas de Reis

Sta. Mariña de Carracedo

Igrexa parroquial

Caldas de Reis

S. Tomé e Sta. María de Caldas

Capela de S. Roque

Caldas de Reis

Sta. María de Bemil

Igrexa parroquial               

Caldas de Reis

Caldas  

Cruceiro de Tivo

Valga

Campaña

Cruceiro do Coto

Valga

Sta. María de Xanza        

Igrexa parroquial               

Valga

S. Miguel de Valga

Igrexa parroquial               

Pontecesures

Pontecesures

Ponte sobre o rio Ulla

Padrón

Iria Flavia

Castro de Retén 

Padrón

Iria Flavia

Excolexiata de Sta. María

Padrón

Iria Flavia

O Castelo

Padrón

Cruces

Casa das Meigas

Padrón

Iria Flavia

Cruceiros de Longaís

Padrón

Padrón

Fonte do Carme

Padrón

Padrón

Ermida de Santiago do Monte

Rois

Rebasar

Castro Lupario

Teo

Calo

Cruceiro de Francos

Teo

Calo

Ponte de riotinto

Dodro

Dodro

Torres de Lestrove

Ames

Biduído

Capela da Madalena

Santiago de Comp.

Sta. María de Conxo

Convento e igrexa de Conxo

Santiago de Comp.

Sta. María de Conxo

Castelo da Rocha              

Santiago de Comp.

Vidán

Ponte Vella da Rocha

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.