Prospección arqueolóxica realizada sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Cerceda

.

O obxectivo xeral da prospección arqueolóxica realizada consistiu na actualización da información existente sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Cerceda e a súa incorporación á unha nova Base de Datos deseñada conxuntamente coa adxudicataria. En concreto afrontáronse as tarefas de:

1. Revisar a documentación habida nas diferentes administracións sobre o Patrimonio Cultural do Concello.
2. Realizar unha prospección que poda valorar o estado actual do Patrimonio Inmoble, centrándonos sobre todo nos bens de tipo arqueolóxico, histórico-artístico e etnográfico.
3. Incorporar eventuais novos elementos.
4. Propoñer áreas de cautela, a modo de matizar o establecido na lexislación vixente e conseguir zonificar o solo suxeito aos diferentes réximes de protección patrimonial.
5. Xeorreferenciar todos os datos de contido espacial, a fin de proporcionar unha ferramenta de uso práctico para os xestores urbanísticos do Concello.
6. Definir uns criterios de catalogación, tomando como referencia a expresado na normativa e o realizado noutras catalogacións.
7. Definir a ficha onde quedarán plasmados os resultados.

Como consecuencia destas realizacións poderase establecer finalmente o status xuridico-administrativo dos elementos catalogados na actualidade, atendendo sobre todo ao seu réxime de protección, ferramenta de xestión urbanística.

O número de elementos catalogados no concello a día de hoxe e máis ben modesto, pero abranguen un espazo cronocultural moi amplo. No Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia figuran 32 xacementos diversos:

a) 21 mámoas.
b) 6 castros.
c) 2 Necropoles medievais.
d) 1 petroglifo.
e) 1 asentamento galaicorromano.
f) 1 indeterminado (fosa).

Ao marxe destas catalogacións Cerceda conta con numerosos exemplos de Patrimonio Etnográfico; cruceiros diseminados por todo seu territorio como os de Rodís, San Andrés de Meirama ou Santa Comba de Xesteda, ou casas tradicionais como a de Casal do Igrexario, que serán por vez primeira incluídas dentro dun catálogo sistemático.

 

 

 

 

 


 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.