Control arqueolóxico para a obra de rehabilitación da rúa Santa Clara, en Pontevedra

cv

Entre os meses de marzo e decembro de 2014, tivo lugar a intervención arqueolóxica arriba descrita. A necesidade da devandita intervención que motivou os traballos, viu dada porque o ámbito de actuación das obras está cautelado arqueoloxicamente no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, debido á protección do Conxunto Histórico de Pontevedra (GA36038013)  e polo xacemento da Igrexa-convento de Santa Clara (GA36038083).

Esta normativa determina a necesidade de que as obras do Casco Histórico sexan autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

O obxectivo da intervención que nos ocupa centrouse, principalmente, en tres premisas:
1) Identificación dos sectores con presenza arqueolóxica ou a inexistencia de restos arqueolóxicos.
2) Adscrición dos restos, tanto tipolóxica como cronoloxicamente.
3) Delimitación espacial dos restos descubertos.

.
.

 

.
.

 

.
.

 

A estratigrafía da rúa estaba profundamente alterada por obras de infraestruturas anteriores, canalizacións de saneamentos modernas e contemporáneas, así como arrasamentos que deixaron o substrato a cotas moi próximas á superficie actual.

A pesar de todo isto, localizáronse, documentáronse e tapáronse as seguintes estruturas:

  • Pavimento de terra moderno (E-01)
  • Pavimento pétreo moderno“Camiño Vello de Castela”(E-02)
  • Porta da muralla medieval “Santa Clara ou da Rocha Forte” (E-03)
  • Alicerces dunha antiga vivenda contemporánea (E-04)
  • Fonte de Sta. Clara contemporánea(E-05)
  • Sumidoiro pétreo contemporáneo(E-06)
  • Estrutura indefinida moderno-contemporánea(E-07)

 

Tralos datos obtidos no control arqueolóxico, pódese concluír que as obras de escavación das novas canalizacións e demais instalacións realizadas non afectaron a ningunha das estruturas agás a E-01 grazas a decisión de abrir en área o ultimo tramo da rúa. Deste xeito, puidemos escavar e documentar novas estruturas que aportaron valiosa información da Pontevedra Medieval/Contemporánea.

Á vista da valoración arqueolóxica, resulta evidente que o interese patrimonial da rúa é alto.


 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.