Escavación arqueolóxica, limpeza, documentación, protección e sinalización
dos petróglifos das Forcadas, no Concello de Pontevedra.

.
.

 

Solicitábanse os seguintes traballos:

1. Limpeza da vexetación e corta de pequenas árbores nunha superficie duns 20 m² o borde meridional da pista forestal.

2. Escavación arqueolóxica en área, totalmente manual, que comprenderá unha zona envolvente dos gravados duns 30 m² en total. A escavación executarase esencialmente no propio camiño forestal. A escavación ten como finalidade esencial determinar o tamaño, forma e dimensións da laxe, a existencia doutros gravados, a documentación gráfica destes, a definición do contexto e aclarar de se se trata dunha pedra cortada e botada como recheo ou ben forma parte dun afloramento rochoso, así como a valoración das opcións de preservación do petróglifo.

3. Levantamento planimétrico en detalle dos gravados, reprodución mediante calcos de frotado e sobre plástico, e un rexistro fotográfico diúrno e nocturno.

4. Redacción da ficha de inventario no modelo normativizado.

5. Protección dos gravados rupestres: Colocarase un peche de madeira que vede o paso de vehículos e delimite a rocha, así como un panel con información gráfica (foto, debuxo) e un texto relativo a estes gravados rupestres. Incluirá o tapado parcial da rocha, en función dos resultados da escavación. No suposto de que a rocha estivese cortada, poderá dispoñerse alternativamente pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural o traslado a un lugar público da parroquia e a adecuación e sinalización nese espazo. O contrato incluiría eses traballos.

6. Poderá ser preciso recuar o noiro da pista contra o lado setentrional, coa finalidade de modificar lixeiramente o trazado da mesma, para evitar o paso de vehículos sobre a rocha con gravados.

7. Adecuación da pista na zona afectada pola escavación.

8. Divulgación sobre os traballos que se leven a cabo e sobre os valores propios do xacemento arqueolóxico na comunidade local.

Citania Arqueoloxía gañou a devandita oferta e logo de obter os pertinentes permisos para poder comezalo traballo de campo, realizou tódolos traballos arriba enumerados agás o punto 6, xa que non foi preciso recuar o noiro da pista contra o lado setentrional.

.
.

 

 

.
.

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.