Traballos de desbroce e mantemento no P.A.A.R Parque Arqueolóxico de arte Rupestre de Campo Lameiro

Os traballos realizáronse de acordo co recollido no documento de Condicións técnicas para a realización de traballos de desbroce no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra), e seguindo a proposta presentada pola empresa CITANIA ARQUEOLOXÍA S.L., entre os días 18 de maio e 12 de xuño de 2015.

b

 

Con carácter previo ao inicio dos traballos en cada un dos rodais realizouse unha revisión in situ, coa dirección do Parque Arqueolóxico, aos efectos de verificar a localización das rochas con gravados e as precaucións a ter na execución dos traballos.

Evitouse a afección a calquera tipo de rocha, incluso aquelas que non presentaban superficies gravadas.

A roza foi manual mediante moto rozadora de mochila con cabezal triturador de residuos para incorporar os restos da matogueira picada en materia orgánica.

Os residuos procedentes da trituración repartíronse homoxeneamente dentro da zona de actuación.

Prestouse especial atención ás áreas de circulación do público, como límites de sendeiros, plataformas e petróglifos así como a aqueles elementos significativos na paisaxe do parque como valados e cercados de pedra.

Durante o proceso de roza respectáronse as especies arbóreas evitando danos accidentais sobre elas

As actuacións realizadas tiveron por obxecto a roza integral e manual das 21,8 hectáreas de terreo ocupado polo Parque Arqueolóxico.

O equipo de traballo estivo formado por 10 persoas durante o mes de traballo que durou a roza do Parque Arqueolóxico.

 

 

 

.
.

 

.

 

Rocha con grabados atopada
durante as labores de limpeza

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.