Escavación arqueolóxica levada a cabo no Castro das Croas

As escavacións arqueolóxicas previas dos anos 1992 e 1993 depararon resultados de gran interese, tanto pola antigüidade atestiguada para o propio poboado como polo desenvolvemento das súas estruturas construtivas. De feito, este castro aparece continuamente referido como unha das mostras máis precoces da xeneralización da construción en pedra da cultura castrexa.

A presente escavación arqueolóxica levada a cabo nas Castro das Croas estivo enmarcada no contexto máis amplo dun proxecto de recuperación patrimonial do Val de Tomeza, dende a óptica ecolóxica, arqueolóxica e etnográfica.

.
.

 

O propio proceso da escavación arqueolóxica converteuse nunha activa ferramenta de participación social, mediante a organización de visitas durante a propia execución dos traballos, a interacción organizada (voluntariado) co xacemento e a súa máxima difusión na rede (entrevistas e diarios de escavación).

A intervención concebiuse ademais cun carácter de continuidade, xa que se pretende a realización de campañas en anos sucesivos e a consolidación in situ das estruturas visibles, nunha fase posterior.

O castro amosa unha configuración baseada na presenza dun recinto principal de morfoloxía ovalada, moi alterada por actividades de canteira e enmascarada (case na súa totalidade) por recheos antrópicos recentes. Debido a estas alteracións a fisionomía actual da croa amosa unha superficie achairada sobre un pequeno socalco, que enmascara unha croa de morfoloxía irregular. Desde o punto de vista dimensional estamos perante un castro cunha extensión aproximada dunha hectárea, que amosa unhas dimensións de 144 x 95 m nos eixos NE-SW e NW-SE, respectivamente. Os sistemas defensivos do castro constan duna importante muralla que rodearía boa parte do recinto principal, combinado cun parapeto cara o nacente, un foso (moi alterado) no poñente e propia defensa natural que ofrece o Rego da Ponte polo Norte

Queda patente o gran interese científico deste xacemento arqueolóxico, que o fai un castro especial pola súa cronoloxía e desenvolvemento construtivo.

2
2

 


d
d

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.