• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Exposición de louza de Sargadelos

Colección Marques de Magallanes, Casa da Torre de Redondela

 

 

Durante o ano 2018 A empresa A Citania Arqueoloxía realizou a musealización da exposición permanente da louza de Sargadelos da Colección Marques de Magallanes. Trátase de máis de 140 pezas da louza histórica de Sargadelos.

A significación das pezas de Sargadelos vai alén da propia imaxe ou o propio gozo da súa observación estética, son unha imaxe do seu tempo. A través delas tratamos de temas asociados directamente con elas e doutros tanxenciais que basculan sobre as súas tipoloxías e estética, nunha exposición divulgativa, amena e participativa.