As tarefas de control arqueolóxico realizado pola empresa A Citania Arqueoloxía no ano 2020 supuxeron a localización dunha nova galería subterránea para condución de auga adscribible moi posiblemente a época moderna e coetánea co momento de uso do Castelo de San Sebastián e o amurallamento da cidade de Vigo.
A galería foi atopada de súpeto, a 2,30 metros de fondo con respecto á cota superior do asfalto, durante a escavación da nova gabia de saneamento na marxe sur da rúa, preto do garaxe correspondente ao nº 4.
 
Unha breve incursión polo seu interior revelou que a galería presenta tramos con morfoloxías diferentes ao longo da súa traza. Sendo na súa meirande parte un túnel abovedado escavado a pico que se reforza puntualmente con tramos encachotados ou con canteiría.
Neste entorno da cidade, en rúas como Pracer, Granada, Santiago... téñense atopado galerías similares a esta, evidenciando a existencia dunha rede de túneles que aínda está por coñecer ben.
Ademais, noutras partes de Galicia como é o caso de da parroquia de Noalla (Sanxenxo) teñen aparecido recentemente novos exemplos, o que podería subministrar nova información para un tipo de estruturas sobre as que aínda non existen traballos de investigación.