No ano 2021 o concello de Pontevedra adquire o convento de Santa Clara coa firme intención de abrilo cara á sociedade.
No ano 2022, financiado pola Deputación de Pontevedra, levouse a cabo un proxecto de avaliación arqueolóxica e histórico-artística do convento, realizado pola UTE de empresas de arqueoloxia de Galicia Citania arqueoloxia, PyA e Gabinete.
A intervención abordou o maior estudo desta natureza desenvolvido ata o momento en Pontevedra a partir da integración dun amplo equipo multidisciplinar composto por máis de 30 persoas: arqueólogos/as, auxiliares de arqueoloxía, historiadores/as da arte, documentalistas, restauradora, antropólogas forenses, técnico en SIX e canteiros.
Ademais de contar coa participación de profesorado das universidades de León, Cantabria, Santiago de Compostela, A Coruña e do Minho.
O complexo conventual de Santa Clara, é un amplo recinto de 15.417 m², con máis de 5.000 m² edificados. Os traballos realizados consistiron en: