O xacemento arqueolóxico obxecto de protección legal é o Castro de Laxos/Alto do Castro. Figura no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia coa clave de identificación GA36015021.
Os arqueólogos da empresa A Citania Arqueoloxía realizaron unha intervención dentro do Proxecto Marco “Control do Impacto Arqueolóxico en Obras Públicas: Oleoducto e Gasificación de Galicia” dirixido por Felipe Criado dende a USC. No 1993 as obras de remoción de terras asociadas ao oleoduto Coruña-Vigo provocaron unha afección ao xacemento e na intervención dirixida por Fidel Méndez realizouse unha limpeza dos perfís da gabia e unha escavación en área naqueles puntos nos que esta cortaba algunha estrutura (Cobas & Parcero 2006).
Con carácter previo ao inicio dos traballos realizouse unha revisión, polo arqueólogo director e o técnico, das diferentes áreas do xacemento (sistemas defensivos, terrazas, zonas habitacionais...) para concretar onde se pode realizar o rozado de xeito mecánico e manual.
Antes do inicio dos traballos de campo, tivemos unha conversas co director da intervención realizada en 1993, Fidel Méndez Fernández e con César Parcero Oubiña e so podemos expresar a nosa gratitude polo trato e por facilitarnos documentación gráfica da intervención xurdida pola afección causada por las obras de construción del oleoduto A Coruña-Vigo. Parte desta documentación, empregouse na sinalética.