• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Camiño de Inverno

A empresa de arqueoloxía A Citania levou a cabo a implantación de diferentes elementos, “Paneis Interpretativos” e “Fontes do Camiño de Santiago” para a orientación, interpretación e servizos dos usuarios da Vía da Prata e Camiño de Inverno, no Concello de Silleda.

 

 

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido xurdir como alternativa, na época invernal, á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro. Arrinca desde Ponferrada e segue practicamente o curso natural do caudaloso río Sil pola comarca ourensá de Valdeorras. Logo discorre polo sur da provincia de Lugo, continúa pola comarca do Deza, ata chegar a Bendoiro (Lalín) -onde se atopa coa Vía da Prata, a cal ten a súa orixe en distintas calzadas.