• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Petróglifos dos Ballotes

Control Arqueolóxico, recuperación e limpeza

 

 

 

A nivel de restauración os traballos centráronse na limpeza dos petróglifos a vez que a brigada municipal fixo un traballo de rozado con rozadoras de mochila usando fío e baixo control do arqueólogo Israel Picón Platas da empresa A Citania Arqueoloxía.

A limpeza realizouse e non se utilizaron biocidas ou herbicidas, asemade tampouco se cepillaron as superficies con auga. Deixando deste xeito a biocostra que cobre as superficies que neste intre está a actuar coma unha capa de protección que non impide a visualización dos motivos.

Por último procedeuse a selar as fendas existentes nos paneis con morteiro de terra para evitar a proliferación de vexetación superior nas mesmas, xa que poderían provocar fracturas e fisuras a longo prazo.

 

A escavación arqueolóxica realizouse de xeito manual con ferramenta axeitada e para a análise dos niveis estratigráficos e as súas interrelacións, aplicouse o método Harris de estudo das secuencias estratigráficas. Toda a intervención quedou rexistrada no sistema de referencia de coordenadas ETRS89, e non se localizaron materiais arqueolóxicos.

A devandita escavación consistiu na retirada total do Horizonte A e parcialmente do Horizonte 0 para a instalación dos camiños de acceso, con pavimento composto por unha mestura de xabre e cal hidráulica a natural NHL5 nunha proporción de 1:3.

Por último, deseñáronse e instaláronse 2 paneis -ao pé dos petróglifos- e un terceiro de grandes dimensións que fai a función de presentación. Tamén se fabricaron e instalaron 3 sinais direccionais de estrada para chegar aos Ballotes.